Tuesday 24 de September de 2024

Atropelo cunha persoa ferida na avenida de Barraña, no concello de Boiro


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro interviñeron pasadas as 21:00 horas de onte, luns 23 de setembro, nun accidente causado por un atropelo na avenida de Barraña, no concello de Boiro.

Na incidencia víronse involucrados un turismo que atropelou a unha persoa que resultou ferida e presentaba dor nas costas, no peito e nas cadeiras. Foi trasladada ao hospital do Barbanza polo 061.

No operativo participaron tamén a Policía Local e o SMPC de Boiro, o 061 e persoal médico do PAC de Boiro.

Deja un comentario